Blogia
Castropol, Pueblo Ejemplar de Asturias

Tempo perdío

18 de Julio del 2020 - Antonio Valle Suárez (Castropol)
Hoy é víspera da festa da mía aldea, anque mañá nun se celebre. Vóume da guardilla, chen d'iscribir, pra baxar cenar coa familia, sí. Taréi contento y trataréi de que tamén teñan ellos. Trataréi de que deixen esos istrumentos que yes deron en chamar agora “d’última xeneración”. Sí, fagueremos úa búa sobremesa que chegue más aló da madrugada, cantando, contándoyes historias, recordando a os que se foron, sí. Como que me chamo Bras que lo conseguiréi, pro..., ¿y si non podo? Pos estoncias recurriréi al meu meditao valor pra ter a bravura d’encararme a ellos...

Pasa correndo a embulancia coâs destellantes luces azules y pérdese pola calle valleira. Dentro d’ella vai un home vistío cúa camisa de forza y vixilao por dous toleiros que lo llevan coyido -chámanye Bras-. Pregúntayes coa súa pausada fala:

-¡Por favor, señores, por favor, escúitenme! ¿Quérenme dicir únde me llevan? -non ye contestan. Quédase callao, asustao, mirando pra ellos con oyos de nun crer nada. Despós ponse dolente al tempo que yes berra:

-¡Malditos, malditos istrumentos móviles que con a su frialdá separan ás familias, acabando pra sempre co’aquellas tertulias das sobremesas! ¿Por qué no los lleváis a ellos en vez de llevarme a mín?

¡Ay, outro gallo cantaría si soupera Bras que aquellos teléfonos móviles, qu’el nun pode ver, salvaron muita xente d’entollecer coel coronavirus ese...!

0 comentarios