Blogia
Castropol, Pueblo Ejemplar de Asturias

¿Ouguiría cantos de sirena el meu amigo Bras?

9 de Marzo del 2023 - Antonio Valle Suárez (Castropol)

Eu, como el meu amigo Bras Silva, son dos que crén nel cambio climático. Pro este inverno aquí, nel noso Paraíso que é el Occidente d’Asturias, a estación ta comportándose como as d’antias: auga abonda, xeladas hasta a veira del mar, que poucos anos las hay por aquí y muy pucas tamén que tiren as foyas dos limueiros. Malos tempos que sopran del mar y del este deixándonos frío, muito frío. Ben é verdá que os meus amigos y eu, Bras entre’los, cada ano sentimos máis a frialdá. Cada vez métesenos máis nos hosos. ¿non sey por qué será? Supoño que terán que ver os abriles, pos cada ano que pasa parece que cain dobles, como as personales en baloncesto.

A propósito, ayer por a mañá vin a Bras na Ribeira. Y, por certo, solo había media docea de amigos mariñeiros xubilaos, que taban tomando en hermandá un vasín dentro dún almacén das redes nel muelle veyo. Non había a naide máis por alí. Bras díxome que vera dende Ribadeo andando por a ponte a vernos a os poucos amigos que quedamos nel pueblo. Tempos aquelos en que taban chíos de homes os tres bares del muelle y os outros cuatro de call’arriba. Hoy tan todos pechaos. Y tamén taba estoncias a ribeira petada de xente: mariñeiros, pescantinas, rederas y algún c’outro curioso buligando por alí, y muitos outros que pasaban a Ribadeo en lancha pra faguer transacióis de todo tipo.

Non vía al meu amigo Bras dende as navidades pasadas. Agora vinlo máis veyo que eu me vexo nel espeyo a mín mismo, pro non m’atrevín a diciryo pos tuven medo a disgustalo, xa que cada vez dende el covid ese tamos todos enveyecidos y muito máis sensibles. Hay que ter cuidao con lo que se fala.

"¿Qué tal Antonio, qué é da túa vida, viejo?" -me dixo Bras al tempo que nos dábamos un fraternal abrazo.

"Ben, Bras, ben, ho. Si non fora porque teño que segar el herva da horta, limpar as cantarillas, pintar algúa ventá, barrer as aceras, quitar as malas hervas, que las hay a feixes. Úa esclavitú manter y cuidar úa casa hoy. Solo de calefacción, si ques tar calente, lévache a mitá da pensión. Y encima ter que piliar y pidir por favor que me veñan amañar úa goteira, un grifo que perde ou os plomos condo me salta a luz... En fin, cada día que pasa teño menos tempo libre, Bras. Encima non teño a unde ir tomar un vasín, como non seña a gasolinera fora del pueblo. Eu que me jubiley pra tar folgao os anos que me quedasen y praticar a folgueta, pos nada d’eso. Agora multiplicóuseme el trabayo" -ye dixen a Bras, con gesto serio.

"¡Manda carayo, Antonio! E por qué non fais como eo, que dende que me fun para a capital da Mariña non dou golpe e vivo como Dios. Mira: érgome as dez, vístome de novo, almorzo e despóis vou dar únha voltiña po la vila. De paso falo con exiliados que topo por a calle que, como eo, veron de todos os pueblos y aldeas d’alredor. Entro no bar de Suso tomar un cafetín mouro, que na casa non mo dan por eso da tensión, e despóis de rirme un pouco con os que tan por alí sigo pasiando. Volvo pra casa, xantamos a muyer y eo, despós apigarzo un pouco mirando a diaria pilícula del oeste. A veces póñome a ler os relatos dus libros que escribimos fay anos na Biblioteca das Figueiras. Total que non dou nin golpe, solo pratico un pouco de cultura y relax. Non teño nada que facere, pos lo que teño na casa das Figueiras non o vexo, así que non me da laya. Dama o mismo c’os madrileños que non vein hasta que chegue agosto" -me dixo Bras, ríndose, nun galego d’academia.

Qué listo é este meu amigo Bras. Sempre aprendo algo d’él. Lo pior de todo, lo que menos che me gustou d’él hoy, é que xa fala máis el galego que a nosa querida fala, que tan ben falaba antias de cruzar a Ría del Eo por a ponte, pra irse pasar el inverno alí. ¡Qué axina se ye pegóu!

Despóis de dispidir a Bras, que parece que agora ye queima el cul nas Figueiras, quédome pensando... y penso:

¿Merece a pena irse pra Ribadeo agora de veyo, como Bras?

Y, encima, cambiar a nosa melosa y pegadiza fala (eo-naviego) por el galego d’academia, como ye ta pasando a él.

¿Terá razón, Bras? ¿Ou non será que opina asina porque é algo folgazán y agora de veyo probou lo ben que se vive sin trabayar? Dígolo porque a mín todo lo falao faime acordarme d’aquel refrán tan noso que dice: "El que rompe un traxe folgando nun rompe outro trabayando".

Visto lo visto será meyor quedarse na casa d’ún de sempre, que é unde meyor se ta, y non probar a dirse pra ningún outro lao anque teña todo asfaltao, por lo que poda pasar. Nun vaya ser que nos pase como a Bras, que me parece que ouguío cantos de sirena y acudío a elos.

0 comentarios